Oficinas na Coruña

Sobre o que fora a sede dun bufete de avogados no centro da cidade, pedíusenos unha reforma para convertela no estudo dun cliente exixente: nos mesmos.

As necesidades a resolver eran espazos amplos para un traballo confortable, transparencia, limpeza espacial, e moita luz. Aproveitouse a ampla superficie de fachada, acristalándoa, para converter as oficinas nun escaparate do noso traballo, e para meter o escenario urbano dentro do noso estudo.

Madeira, vidro, iluminación e cor, paneis e espazos abertos, foron os ingredientes para acadar un ambiente de traballo propicio.