Cambre
Cambre é un concello da área metropolitana, e de feito un barrio do continuo urbano da cidade da Coruña, que se estende moito máis alá dos límites municipais. Alí, o promotor dispuña de dous soares de licenza directa entre medianeiras, e dunha carta de cores e materiais na súa cabeza.
A solución para os edificios de vivendas veu de intentar maximizar as posibilidades estéticas e de volume da normativa urbanística, para darlle ós edificios unha imaxe singular, coa distribución máis eficiente en función do programa que nos foi solicitado.