Sala Alfonsetti, Betanzos
O “Alfonsetti” era un dos cines máis antigos de España, compartindo o claustro de Santo Domingo co Museo das Mariñas. Pero estaba pechado dende tempo atrás, e e falta de uso e mantemento estaba a provocar un rápido deterioro.
Con moi baixo presuposto, pedíusenos un proxecto de recuperación que incluíse o baleirado completo da sala e espazos anexos, e a conversión nun centro polivalente para auditorio e sala de exposicións.
A intervención optimizou espazos do vestíbulo e ala do claustro. Reproducíronse elementos singulares, como a galería e palcos do “Alfonsetti”, e recuperáronse e puxéronse en valor outros como arcos, portas barrocas, ou lousas de formigón dos anos 70, ocultas por intervencións previas. Púxose especial acento na limpeza formal, funcionalidade, e calidade acústica.