Tui
O programa era o dunha pequena vivenda familiar illada, sinxela, de volume compacto, e unha imaxe tradicional.
A casa resolveuse con muros de carga de cantería, reciclando pedra procedente de derrubas de edificacións.
A zona de día da vivenda dispúxose con un amplo salón – estar a dobre altura, aberto a unha solaina orientada ó Sur. Dúas galerías nas fachadas a nacente e poñente aproveitan o asoleamento, e propician ventilacións cruzadas.