Martinete, A Coruña

O conxunto residencial do Martinete desenrólase ás aforas da Coruña, nunha zona de baixa densidade residencial, na que se dispuña de terreos para a construción de dúas mazás, para o cal foi preciso fixar aliñacións e rasantes a través dun Estudo de Detalle.

Fragmentouse e reduciuse a escala da intervención, xogando coa cor e os materiais, e aproveitáronse as posibilidades da normativa urbanística para xerar espazos comúns no interior das mazás, e para distribuír de xeito óptimo as vivendas e áticos. Estes últimos tirando bo proveito da posibilidade de dispoñer terrazas e “torreós”.