Outros edificios

Cada terreo ou soar ten distintas orientacións, topografía, datos de partida, esixencias de programa, e ata diferentes normativas urbanísticas a cumprir, en función do concello no que estea situada. Cada promotor ten o seu criterio, e o seu xeito de facer as cousas.

O noso cometido e acadar a solución óptima, co número, distribución, e tamaño axeitado das vivendas, en función da demanda.

Buscamos o proxecto singular, que faga encaixar todas as pezas do crebacabezas, atendendo a todos os requisitos formais, estéticos, e ambientais, así como ás demandas da propiedade, sen esquecer a necesaria rendibilidade económica.