Casa Pena, Moeche

Ademais do Restaurante, en Casa Pena interveuse en todo o conxunto edificado, rehabilitando a vivenda dos propietarios, nunha edificación con muros de carga e estrutura de madeira, pero que tivera intervencións moi dispares ó longo dos anos.

O noso proxecto deu coherencia e unidade ó conxunto da edificación, recuperando todos os elementos orixinais que merecían a súa posta en valor, como estruturas de pedra ou madeira, carpinterías de madeira, ou forxas. Pero tamén nos “apropiamos” de elementos moi valiosos, como a carballeira fronte ó edificio.

Procurouse tirar proveito da potencial riqueza espacial de unha tipoloxía arquitectónica interesante.