Restaurante Casa Pena
Casa Pena é unha casa de comidas tradicional, que ven funcionando dende 1939, pero que necesitaba unha posta ó día das súas instalacións, e melloras de funcionalidade. O conxunto edificado, que inclúe ademais a vivenda dos propietarios, sufrira nese tempo intervencións con criterios moi dispares.
O noso proxecto deu coherencia e unidade ó conxunto da edificación, reorganizou cociña e instalacións, e reordenou espazos, con comedores diferenciados para distinto número de comensais.
Recuperáronse todos os elementos orixinais que merecían ser postos en valor, como estruturas de pedra ou madeira, e procurouse que a calidade arquitectónica e espacial do lugar igualase a dos seus menús e bodega.