Rúa da Cerca, Betanzos

En cidades históricas como Betanzos, a rehabilitación do seu tecido urbano pasa en boa medida pola suma das rehabilitacións puntuais das súas edificacións, que conforman un conxunto monumental.

O edificio da Rúa da Cerca está situado no perímetro da “améndoa” do casco histórico, encostado ó que foi a muralla medieval. Coa intervención mantivéronse os muros de carga de pedra orixinais, preservouse a muralla (baixo control arqueolóxico), e mantivéronse ou reproducíronse as carpinterías e galerías de madeira.

O interior anovouse completamente despois do baleirado, con vivendas cumprindo todos os estándares de habitabilidade vixentes, e con fincapé no deseño de espazos agradables.