Ascensores, A Coruña
Na Coruña existen moitos edificios do século XIX, e sobre todo do XX, con mala accesibilidade, sen ascensor, e con ata 5 ou 6 andares. En moitos casos ademais, boa parte dos seus habitantes son persoas maiores, con problemas de mobilidade.
Cos proxectos para a instalación de ascensores, buscamos a mellor solución funcional e estética para resolver a accesibilidade, rehabilitando funcionalmente os edificios, e propiciando a revalorización das vivendas.
En outros casos realizase ademais non só a resolución dos problemas de accesibilidade, se non tamén renovacións integrais, incluíndo melloras no illamento e envolvente térmica, nas cubertas, ou nas instalacións.