Parque Eiris, A Coruña

Buscar a mellor solución posible para cada edificio, dende o punto de vista da calidade urbana e habitacional, pero tamén dende o punto de vista da rendibilidade económica; ese é o noso obxectivo. Para elo, tentamos responder axeitadamente ós condicionantes urbanísticos, estéticos e ambientais, ó programa de necesidades, e ós requisitos do promotor.

En “Parque Eirís” resolveuse primeiro a implantación e ordenación de volumes e rasantes, de acordo co entorno e a topografía, a través dun Estudo de Detalle. Logo, fixemos co Proxecto a distribución óptima dos usos, atendendo á orientación, vistas, e á composición das fachadas.