Rúa Orzán, A Coruña

O edificio está situado dentro do conxunto protexido da cidade histórica, e trátase dun exemplo de estilo ecléctico dos anos 20, que polo seu valor arquitectónico contaba con protección estrutural. Sen embargo, tiña sido baleirado nos anos 90, e solo se mantiñan as fachadas e medianeiras, que teñen que ser convervadas.

De acordo cos criterios do concello, e do Plan Especial de Protección, proxectase unha rehabilitación con estrutura de madeira e cuberta de zinc, restaurando fachadas, e renovando ou reproducindo as carpinterías de madeira.

Respectando o parcelario medieval desa zona da cidade, e o patio e fachada posterior, dispóñense dous apartamentos por planta cumprindo as esixencias de habitabilidade actuais, e un local comercial.