Ático na Coruña
Nun apartamento en baixo cuberta dun edificio de finais dos 70, proxectouse unha rehabilitación que tirase proveito das vantaxes de ter unha vivenda na cidade, pero con dereito a un pouco de sol, ceo, e aire libre.
Buscáronse espazos abertos, amplos, e interconectados. Parte da terraza cubriuse con vidro para posibilitar o seu uso todo o ano, pero de xeito que no verán puidese escamotearse o peche frontal de vidro, e ampliar coa terraza exterior, ou tamén unir co salón interior.
Aproveitouse para facer unha rehabilitación da envolvente térmica, mellorar illamentos, ventilación, e instalacións.