Barcala e Arxiz Arquitectos

Somos un Estudo de arquitectura, con ampla experiencia en Proxectos de execución e Dirección de obras (edificación residencial, equipamentos), Urbanismo (planeamento e xestión de solo), así como en informes periciais, valoracións, eficiencia enerxética, e InspecciónsTécnicas de edificios.

Tentamos acadar o mellor resultado nos nosos traballos, con profesionalidade e eficiencia. Para elo, mantemos un proceso de formación continua, e dámoslle ós nosos clientes un servizo de xestión integral que lles resolva calquera dificultade, en colaboración con todos os axentes que interveñen no proceso da edificación.

A finalidade é facer boa arquitectura, que solucione ben os usos e funcións demandadas, sexa coherente  coa súa localización, e satisfaga de xeito óptimo os requisitos estéticos, ambientais, e económicos.