Vivenda en Sada
Nun terreo con pendente pronunciada, o propietario quería unha vivenda de un so andar, accesible, pero tamén unha planta diáfana para taller profesional.
A resposta foi artellar o programa aproveitando a ladeira, para proxectar unha edificación con singularidade formal e espacial. Ó taller – garaxe éntrase a ras de chan dende o Leste, e á vivenda éntrase tamén a ras de chan dende o Oeste.
Un espazo a dobre altura ábrese con amplas fiestras a ambas fachadas, e acubíllase baixo un teito curvo que unifica distintas zonas de estar e unha biblioteca.