A Corveira, Culleredo

No proxecto para o residencial da Corveira, a normativa urbanística daba liberdade para resolver edificacións en bloque aberto, nun soar con unha topografía moi complicada, e un desnivel de ata 17m, con unha vía urbana polo seu linde superior.

O punto de partida era o de non obstruír as vistas cara á Ría dende a rúa superior, e potenciar ao mesmo tempo vistas e asoleamento dende cada apartamento.

As vivendas distribuíronse con acceso dende corredores abertos ó oeste, e con terrazas abertas cara ó leste e ás vistas, con unha modulación e seriación que simplificase a obra. Fíxose fincapé nos espazos libres privados, e no uso das cubertas como terrazas – solariums comunitarios.