Informes, Estudos, Certificados

Como Peritos xudiciais, realizamos Ditames e informes periciais, para esclarecer cuestións sometidas a preito ou litixio, contenciosos urbanísticos, ou estudos de danos e patologías.

Realizamos tasacións e avaliacións de inmobles e solos, así como análises de optimización de activos inmobiliarios.

Somos especialistas en eficiencia enerxética, realizando Certificacións de Eficiencia Enerxética (CEE), ou estudos para a rehabilitación enerxética de edificios, que reduzan consumo e custes.

E como técnicos con ampla experiencia en construción, levamos a cabo tamén Inspeccións Técnicas ou Informes de Avaliación de Edificios (ITE – IAE).