Outras vivendas unifamiliares
Construír unha vivenda unifamiliar é case sempre un empeño vital único para os seus propietarios, no que investirán os seus aforros e enerxías, para teren un lugar de seu, adaptado ó seu xeito de ser e ás súas aspiracións.
Cada propietario ou cada familia teñen distintas necesidades a cubrir. Cada terreo ten distintas orientacións, topografía, datos de partida, esixencias de programa, e aínda diferentes normativas urbanísticas a cumprir, en función do concello no que estea situada.
O noso cometido e acadar a solución óptima e singular para cada propietario, que faga encaixar todas as pezas, atendendo ós requisitos funcionais, estéticos, e ambientais, pero tamén ás demandas de quen vai facer desa casa o seu lar.